Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
Email: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE
    • CONTACTO
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
      • ESTRUCTURA ORGANIZATIVA
      • MARCO NORMATIVO
        • LEXISLACIÓN APLICABLE
        • ESTATUTO
        • REGULAMENTOS
        • NORMAS DE XOGO
      • INFORMACIÓN ECONÓMICA
        • CONTAS ANUAIS
        • PRESUPOSTO
        • CONTRATOS
        • CONVENIOS
        • SUBVENCIÓNS
        • RETRIBUCIÓNS
    • PROCESO ELECTORAL
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMAS DE XOGO
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • FORMULARIOS
  • TENDA
    • SELECCIÓNS
    • ÁRBITROS
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Home
  • NOVAS
  • Competicións voleibol
  •  Oleiros acollerá esta fin de semana a Fase Final de Ascenso á 1ª División Masculina de Voleibol

 Oleiros acollerá esta fin de semana a Fase Final de Ascenso á 1ª División Masculina de Voleibol

 Oleiros acollerá esta fin de semana a Fase Final de Ascenso á 1ª División Masculina de Voleibol

by Comunicacion / miércoles, 21 mayo 2025 / Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación

(Informa Concello de Oleiros)


O Concello de Oleiros e o Club Voleibol Oleiros presentaron esta mañá, no Auditorio da Fábrica, a Fase Final de Ascenso á 1ª División Masculina, que se celebrará no municipio desde este venres 23 ao domingo 25.

No acto estiveron presentes a Concelleira de Deportes, Teresa Vázquez Maseda; a tesoureira do CV Oleiros, Mar Bustabad; Alberto García, Director de Comunicación e Marketing da Federación Galega de Voleibol; o adestrador do equipo sénior masculino, Luis Cuadrado; o capitán, Rubén Martínez, e varios xogadores do equipo.

A concelleira de Deportes salientou a importancia de celebrar un evento destas características en Oleiros, e quixo desexar moita sorte ao equipo local neste novo reto deportivo. “É un grande orgullo para Oleiros”, dixo Vázquez Maseda.

Pola súa parte, Luis Cuadrado, puxo en valor o feito de que o seu equipo teña conseguido chegar a esta fase final coa metade dos xogadores “en idade aínda xuvenil”. Ademais, expresou que se trata dun “tremendo orgullo e unha gran motivación” poder xogar estes partidos na casa, e amosou total confianza nos seus homes para este reto de ascender a Primeira División Nacional. “Estou seguro de que faremos un bo papel. Teño unha gran confianza nos rapaces e en que poden completar un gran campionato”, dixo.

No acto, tamén interveu o capitán do equipo, Rubén Martínez, que quixo deixar clara a importancia que podería ter para o club un posible ascenso. “Sería una experiencia boísima. Poderíamos ser un referente a nivel nacional para os xogadores da nosa canteira, e incluso para o resto de equipos da comarca”, explicou. 

Ademais do conxunto oleirense, participarán nesta fase o Club Vigo Voleibol (Galicia), o Jatorkide Boleibol Kirol Kluba (País Vasco), o Vóley Playa Cartes (Cantabria), o CV Burgos (Castela e León) e o CID Jovellanos (Asturias). Os partidos disputaranse nos Polideportivos do Valle Inclán (Perillo), A Rabadeira (Oleiros) e Canide (Mera).

A competición, que dará comezo o venres ás 11 da mañá, dividirase en dous grupos de tres equipos, pasando ás semifinais os dous primeiros de cada un deles. De alí, sairán os finalistas, que se enfrontarán no Polideportivo do Valle Inclán o vindeiro domingo 25 ás 11:30h.

CALENDARIO DE PARTIDOS E RESULTADOS

  • Tweet

About Comunicacion

What you can read next

O Intasa San Sadurniño é de primeira!
Convocatoria oficial das Seleccións Galegas
Convocatoria infantil das Seleccións Galegas en Marín.

Categories

  • Campionatos Galegos PB/BE + Copa Alevín
  • Competicións vólei praia
  • Competicións voleibol
  • Desenrolo e formación
  • Entrevistas
  • Eventos FGVb
  • Federación
  • Formación adestradores
  • Formación árbitros
  • Seleccións vólei praia
  • Seleccións voleibol
  • Supervisión e control
  • Uncategorized
  • Vólei Praia Cat. Inferiores
  • Vólei Praia Senior

© 2015. All rights reserved. Buy Kallyas Theme.

TOP
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR