
A Federación Galega de Voleibol, en colaboración ca Escola Galega de Adestradores, suma para o comezo da nova tempada 25/26 catro novos cursos de adestrador Nivel I, ubicados en Rianxo, Cambados, Baiona e Lugo.
Seguindo co obxectivo de formar técnicos con futuro e progresión e facilitar o acceso á formación técnica relacionada co voleibol en Galicia, congrégase aos aspirantes a adestradores/as de voleibol de toda Galicia nos próximos días para formarse, titularse convenientemente e participar activamente nesta formación.
Serán 4 cursos distintos, cas seguintes ubicacións e datas:
- Lugo: fins de semana do 6-7 e 13-14. Data límite inscrición: mércores 3 de setembro.
- Rianxo: fins de semana do 6-7 e 13-14. Data límite inscrición: mércores 3 de setembro.
- Cambados: fins de semana do 6-7 e 13-14. Data límite inscrición: mércores 3 de setembro.
- Baiona: fins de semana do 13-14 e 20-21. Data límite inscrición: mércores 10 de setembro.
PLAN DE ESTUDOS
Os cursos desenvolveranse en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00, sendo presenciais e contando con docentes expertos en materias do deporte que instruirán aos novos/as adestradores/as do volei galego. A titulación definitiva outorgarase despois de realizar unha tempada de prácticas adestrando
un equipo federado e rexistrado na F.G.V.B
O prezo do curso será de 125 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) e recordamos que será obligatorio o envío dos formularios G-13 a dtecnico@volei.gal antes das datas establecidas para cada curso ás 19:00 horas.




