
A Federación Galega de Voleibol ven de adxudicar as catro becas correspondentes ao programa técnico de voleibol na tempada 2025-26, unha iniciativa destinada a favorecer a aprendizaxe e a experiencia práctica dos adestradores e adestradoras galegas en eventos de ámbito nacional.
Nesta edición, a FGVB convocou catro becas en voleibol, destinadas a acompañar ás seleccións galegas nos seus adestramentos, concentracións e competicións oficiais ao longo da tempada, incluído o CESA 2026.
As persoas seleccionadas en voleibol son:
- Diego Paz – CV Ciudad de A Coruña.
- Manuel Alberto González – CV Pontevedra.
- Maya Pisos – CV Oleiros.
- Alejandro Iglesias – CV Rianxo.
A través deste programa, a Federación busca fortalecer o proceso de formación continua dos técnicos galegos e ofrecerlles unha experiencia directa co traballo das seleccións autonómicas, contribuíndo así ao desenvolvemento do #voleigalego tanto en pista coma en praia.
A FGVB quere felicitar a todas as persoas seleccionadas e agradecer a alta participación nesta convocatoria, que unha vez máis reflicte o compromiso e o interese do colectivo técnico galego por seguir medrando xuntos.



