
A Federación Galega de Voleibol publica a lista de deportistas convocados e convocadas para participar na primeira concentración das Seleccións Galegas de voleibol da tempada 2025-26, que se celebrará o domingo 14 de decembro, de 16:00 a 19:00 horas, no Pavillón da Xunqueira (Pontevedra).
Esta xornada continuará co traballo de preparación de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026, e servirá para avaliar o rendemento dos e das xogadoras participantes, así como para definir as primeiras dinámicas de grupo das diferentes categorías.
Dende a Federación Galega de Voleibol faise fincapé en que a competición oficial seguirá tendo prioridade, tanto para deportistas como para clubs. Polo tanto, no caso de que algún xogador ou xogadora teña competición co seu equipo durante as concentracións, poderá participar con normalidade, sen que isto afecte a futuras convocatorias coas seleccións galegas, das que xa avanzamos as datas:
- 23-11-25 – Celebrada -Pavillón da Xunqueira (Pontevedra).
- 14-12-25 – Pavillón da Xunqueira (Pontevedra).
- 18-01-26
- 22-02-26
- 22-03-26
- 10-05-26
- 17-05-26
- 31-05-26
A FGVB agradece a colaboración dos clubs e das familias neste proceso de selección e formación, fundamental para o crecemento do #voleigalego e para seguir fortalecendo o traballo de base en toda Galicia.
A continuación as listas de xogadores/as seleccionados por categoría:








