
ACTUALIZACIÓN: APRÁZASE ESTA XORNADA ATA NOVO AVISO
A Federación Galega de Voleibol organiza novas Xornadas de Supervisión e Control de vólei praia, que se celebrarán o domingo 4 de xaneiro nas instalacións de Oira (Ourense), dirixidas ás categorías infantil, cadete e sub-19. Estas sesións permitirán continuar co seguimento técnico dos deportistas e co traballo específico da disciplina de vólei praia dentro do proxecto deportivo da FGVB.
Horarios por categoría
Categoría feminina (infantil, cadete e sub-19)
⏰ 10:00–12:00 e 15:00–17:00
Categoría masculina (infantil, cadete e sub-19)
⏰ 12:00–14:00 e 17:00–19:00
O prazo límite de inscrición remata o venres 26 de decembro para todas as actividades e para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 30 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a dtecnico@volei.gal antes do día 26 de decembro ás 12:00 horas, recordando que a comida está incluída ca inscripción. Recordamos que estas xornadas NON inclúen camiseta.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de supervisión e control.




