
O camiño das Seleccións Galegas de vólei praia continúa avanzando. Este domingo 22 de marzo, os combinados autonómicos retomarán a súa actividade nunha nova xornada de traballo deseñada para seguir pulindo o rendemento dos nosos deportistas.
Nesta ocasión, a preparación dividirase entre a costa coruñesa e o interior ourensán:
- Sede Oleiros (Feminina): As xogadoras están convocadas na praia de Santa Cristina (diante do hotel Rías Altas), onde adestrarán en horario de 16:00 a 19:00 horas.
- Sede Ourense (Masculina): O equipo masculino darase cita no Complexo Deportivo de Oira, mantendo a quenda de 16:00 a 19:00 horas.
Como é habitual nesta modalidade, a planificación queda supeditada á evolución meteorolóxica. Se a mediados de semana as condicións variasen de xeito significativo, a Federación Galega de Voleibol comunicaría calquera axuste en horarios ou localizacións directamente ás persoas convocadas.
A continuación detállase a lista de deportistas convocados/as:








