
O III Open Café Las Antillas – Campos Vólei Praia, correspondente ás categorías Sénior e Sub 21, terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de maio no recinto deportivo de Oira Praia (Ourense), contando tamén para o Ranking Galego e para o Ranking Nacional 2026.
Celebrándose o viernes a fase previa da competición e o sábado a fase final do cadro, a inscrición terá un custo de 15 euros por xogador/a, que deberán aboarse mediante transferencia bancaria á conta do Club Ourense Volei Praia (IBAN: ES45 2080 0000 70 3040264115). No concepto da transferencia deberá indicarse: “Inscrición proba Sénior/Sub 21” e a transferencia deberá realizala o club ao que pertenza o/a xogador/a, a poder ser nun único pago.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas autonómicas deberase realizar antes do luns ás 23:00 previo á proba a través do correo tesoreriacovp@gmail.com con copia a competicions@volei.gal, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o mércores ás 15:00 horas.
A lista de entrada provisional publicarase o martes, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o miércoles á primeira hora da tarde.
Descarga do documento de inscripción na seguinte ligazón. (enviar dende o correo do club)




