
A Federación Galega de Voleibol segue perfilando o camiño de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026. O vindeiro domingo 7 de xuño, os combinados autonómicos das categorías Infantil e Cadete concentraranse en Marín para afrontar unha intensa xornada de adestramento enfocada na cohesión do grupo e na evolución técnica.
Nesta ocasión, a actividade unificarase nunha única sede en Marín e dividirase nas seguintes quendas de traballo:
- 🏐 Categoría Infantil (Masculina e Feminina): de 10:00 a 12:00 horas e de 15:00 a 17:00 horas.
- 🏐 Categoría Cadete (Masculina e Feminina): de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
Esta cita representa un paso estratéxico dentro do calendario da FGVB, resultando fundamental para avaliar o rendemento dos deportistas e avanzar cara á formación definitiva dos equipos que representarán a Galicia na vindeira cita nacional.
A continuación deixamos a lista de xogadores e xogadoras convocados por club:








