
A Federación Galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros (C.T.G.A.), convoca oficialmente o Curso de Árbitro de Voleibol Nivel I de cara ao inicio da tempada 2026-2027. Esta iniciativa formativa ten como finalidade incorporar novos membros ao estamento arbitral para dar resposta ao crecemento e necesidades das competicións autonómicas.
Formato e Estrutura
A actividade contará cunha carga lectiva de 18 horas (15 teóricas e 3 prácticas) baixo un formato mixto:
- Parte teórica (en liña): Impartirase a través da plataforma Zoom os días 11, 12 e 13 de setembro. É preciso dispor de conexión a internet, cámara activada e micrófono.
- Parte práctica (presencial): Realizarase en encontros do calendario federativo, coordinando a sede e datas directamente co alumnado.
Datas e Horarios (Fase Teórica)
- Venres 11 de setembro: 20:00 a 22:00 h.
- Sábado 12 de setembro: 10:00 a 14:00 h e 16:00 a 21:00 h.
- Domingo 13 de setembro: 16:00 a 20:00 h.
Plan de Estudos e Profesorado
A docencia correrá a cargo de árbitros Nivel III con ampla traxectoria no ámbito nacional e autonómico. Os contidos incluirán regulamento comentado, técnica arbitral, técnica de anotación e acta electrónica, táctica aplicada, metodoloxía e normativa autonómica e estatal.
Requisitos e Inscrición
- Idade: Maiores de 16 anos ou cumprilos durante o 2026.
- Custo: 80,00 €.
- Conta de ingreso (Banco Sabadell):
ES71 0081 0499 6400 0137 8440 - Prazo límite: Xoves 10 de setembro ás 13:00 horas.
- Formulario de inscrición: Acceso ao formulario en liña (deberase achegar o xustificante de pago).




