A ESCOLA GALEGA DE ADESTRADORES

A Escola Galega de Adestradores é unha entidade dentro da Federación Galega de voleibol que ten como obxectivo a formación e mellora dos adestradores e adestradoras galegas de voleibol. Ademáis, son funcións específicas da Escola Galega de Adestradores, as seguintes:

  • A convocatoria e desenvolvemento dos Cursos de formación de Adestradores.
  • A convocatoria e desenvolvemento de Cursos de Perfeccionamento ou outras actividades de carácter pedagóxico para os seus Técnicos.
  • Realizar a unificación de titulacións, validacións e homologacións a que houbese lugar, segundo as normas que se ditan no presente Regulamento ou as que se determinen e aproben oportunamente.
  • Propoñer e asesorar á Comisión Directiva, en todos os temas propios do desenvolvemento pedagóxico do Voleibol.
  • Redacción dos textos oficiais, programas e necesidades propias dos plans de estudo.
  • Desenvolvemento dos obxectivos propios de divulgación e documentación para a formación dos Adestradores a través de comunicacións técnicas, traducións, publicacións, recompilacións bibliográficas e outro material pedagóxico.
  • Xestionar, ante o Comité Nacional de Adestradores, a concesión de números nacionais nos niveis I, II e III, ou noutros que se determinen, segundo a normativa vixente.
  • Conceder autorizacións expresas para adestrar equipos de categoría superior á que se posúe nese momento, en competicións que non sexan de ámbito estatal, segundo os procedementos que se determinen.
  • Controlar e verificar que os Adestradores posúan a titulación que corresponda de acordo á categoría dos equipos nos que foran dados de alta e, en caso contrario, informar aos órganos correspondentes da Federación Galega de Voleibol para que regularicen a súa situación.
  • Calquera outra función que lle sexa outorgada pola normativa vixente, ou expresa do Presidente.

A Escola Galega de Adestradores

1

Sección de formación e perfeccionamento de Adestradores.

2

Sección de Divulgación Técnica.

3

Sección de documentación.

Descargas de interese:
TOP