Con motivo dun novo 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, a Federación Galega de Voleibol pon en marcha unha iniciativa relacionada ca xa conocida andaina solidaria #Camiñoaorespecto.
Este ano a FGVB contactou con todos os clubs do Volei Galego co obxectivo de participar de maneira conxunta nesta marcha, na modalidade de andaina grupal e que se pode realizar do 21 ao 28 de novembro dende calquer lugar. Deste xeito, todo o Volei Galego pode participar baixo o dorsal da Federación co obxectivo de visibilizar o apoio do noso deporte a esta causa.
Esta iniciativa non se limita exclusivamente a xogadores ou adestradores, senon que está convidado a participar baixo o dorsal da Federación Galega de Voleibol todo aquel que desexe. Para iso, únicamente deberá descargar o dorsal que adxuntamos nesta nova e nas nosas redes sociais, imprimilo e etiquetarnos nas súas imaxes, poñendo o número de persoas do grupo e os km que se fixeron na ruta ata o 25N, cando se publicará un recopilatorio da distancia percorrida en prol da igualdade.
Deixamos toda a información da campaña na seguinte ligazón.