O vindeiro día 29 de maio celebrarase no complexo deportivo de Oira Praia a primeira Xornada de Supervisión e Control de Volei Praia desta tempada 2022. Os xogadores e xogadoras galegos comezarán a preparar a súa tempada deportiva ao longo de todo un día acompañados dos técnicos da FGVB, ademáis de contar cunha visita moi especial.
Estas xornadas visitaranos Marco Pirés, adestrador e Seleccionador da Concentración Nacional de Vólei Praia da RFEVB, que compartirá os seus coñecementos cos/as técnicos e xogadores/as do volei praia galego asistentes.
Estarán destinadas ás categorías cadete e infantil (cun límite de 15 persoas por categoría) e os seguintes horarios tendo en conta o parón incluido para comer:
- Infantil feminino e masculino: 10 a 12 e de 16 a 18.
- Cadete feminino e masculino: 12 a 14 e de 18 a 20.
Para a inscripción nestas xornadas deberase cumprimentar o formulario dispoñible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 20€ no número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A. Para formalizar esta inscrición deberase enviar o xustificante de pago e o formulario a adestradores@volei.gal antes do xoves 26 as 12:00 horas.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Supervisión e Control