Hoxe presentouse no Auditorio de Negreira o I Campeonato de España Junior Masculino, que se celebrará do 25 ao 29 deste mismo mes nos concellos de Ames, Brión e Negreira.
Á presentación acudiu Dña. Cristina Capelán Cancelo (Deputada de Deporte e Mocidade, Deputación da Coruña), D. Jose Ángel Luna Bargo (Presidente da Federación Galega de Voleibol e Vicepresidente da RFEVB), D. Pablo Lago Sanmartín (Alcalde do Excmo. Concello de Brión), D. José Blas García Piñeiro (Alcalde do Excmo. Concello de Ames) e D. M. Ángel Leis Míguez (Alcalde do Excmo. Concello de Negreira).
O campionato, organizado polo Padre Faustino Calasancias Voleibol, reunirá aos mellores 21 equipos junior masculinos de España, que pelexarán polo título durante 5 días, decidíndose o vencedor no Pavillón Pedro Mámoa de Negreira o vindeiro domingo.
O Presidente da Federación Galega de Voleibol, Jose Ángel Luna Bargo, agradeceu » a implicación da Diputación de A Coruña coma dos Concellos de Ames, Brión e Negreira neste proxecto, xa que estas colaboracións posibilitan traer grandes eventos a concellos pequenos de Galicia e produce un gran impacto nas economías locais».
Tamén convidou a veciños e veciñas da comarca a acudir a un torneo que «reunirá a talentos presentes e futuros do voleibol nacional, e que seguro brindarán un gran espectáculo para todos/as os/as asistentes».
Próximamente presentaránse as redes sociais do Campionato, onde se poderá seguir a actualidade do mesmo, así coma no apartado específico da web da RFEVB.