Os pequenos e pequenas do noso voleibol desputarán a proba aprazada os vindeiros días 20 e 21 de agosto na praia de Barraña en Boiro. Grazas á colaboración do Concello de Boiro, a Federación Galega de Voleibol volverá ao Vólei Praia na terceira das probas confirmadas para este verán de 2022 nas categorías alevín, infantil, cadete e Sub-19.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 16 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A Lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.