Debido a motivos relacionados ca climatoloxía e que afectan directamente á organización do evento, a Federación Galega de Voleibol vese na obriga de aprazar a proba que se celebraría esta fin de semana na praia de Barraña (Boiro). A Federación lamenta os inconvintes ocasionados a clubs, xogadores/as, adestradores/as e pais, comprometéndose a revelar o antes posible unha data que asegure a celebración exitosa da proba.
Por outra banda, agrádanos confirmar de novo a presenza do Concello de Malpica no Circuito Galego de Categorías Inferiores de Vólei Praia, tendo como data os vindeiros días 6 e 7 de agosto, e repetindo na praia de Canido cas categorías alevín, infantil, cadete e Sub-19 feminino e masculino.
A Federación quere agradecer de novo a confianza do Concello de Malpica para celebrar unha das súas probas, esperando como mínimo repetir o éxito acadado o ano pasado.