Esta fin de semana, na terceira e final proba do Circuíto Vichy Catalan Vólei Praia Galego 2022, decidiuse o Campionato Galego Sénior de Vólei Praia 2022 na area de Riazor.
No segundo dos eventos englobados no proxecto «A Coruña é Vólei Praia 2022», despois do Campionato Galego de Vólei Praia de Categorías Inferiores e previo ao «I Trofeo Cidade da Coruña» do CNVP que chegará a Riazor a vindeira fin de semana do 6/7 de agosto, as 16 parellas masculinas e 17 femininas amosaron o gran estado de forma do Vólei Praia Galego.
Durante dous días de competición nas catro pistas instaladas pola Federación Galega de Voleibol en colaboración co Concello da Coruña, as mellores parellas masculinas e femininas Sénior brindaron un auténtico espectáculo aos asistentes, poñendo o broche de ouro cas finais celebradas o domingo a mediodía.
A Concelleira de Deportes de A Coruña, Dña. Mónica Martínez Lema, acompañada do Presidente da FGVB D. Jose Ángel Luna Bargo fixo entrega das medallas aos 6 mellores clasificados de cada categoría que repasamos a continuación:
Categoría feminina:
- Lidia Figueira/Calíope García (Club Vólei Praia Vigo/Club Vólei Praia Milenio)
- Nuria Bouza/ María Bouza (Club Vólei Praia Milenio/Club Vólei Praia Vigo)
- Lucinda Paz / Marta González (Club Vólei Praia Vigo)
Categoría masculina:
- Diego Vázquez /Dani Díaz (Club Vólei Praia Vigo)
- Manuel Aba/ José Aba (Club Vólei Praia Vigo)
- Nathan Matos/ Adrián Pérez (Club Vólei Praia Vigo)
Esta proba tamén pechou a clasificación final no Ranking Galego por clubs, no que o Club Vigo Vólei Praia acadou de novo a primeira posición na competición masculina e feminina, pechando un gran ano a nivel autonómico e nacional.