O vólei praia non é únicamente sinónimo de éxito para os nosos/as xogadores/as e clubs no panorama nacional. Tamén para o noso colectivo arbitral, que segue a amosar o gran momento de forma do noso voleibol na modalidade de praia, contando cada vez con máis presenza en probas coma o Circuito Nacional de Vóley Playa ou os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas.
Durante este verán de 2022 os nosos árbitros están a ter unha gran presenza ao longo da península, xa que as competicións nacionais de vólei praia teñen cada vez máis árbitros galegos debido ao gran nivel que están a amosar.
Entre os colexiados e colexiadas destacados este verán están Laura Olveira, Carlos Pimentel e Iria Causín.
Laura Olveira, que actuamente conta co Nivel II en Vólei Praia, participou este ano no Campionato de España Cadete de clubs celebrado no Concello de Dumbría e no Campeonato de España de Selecciones Autonómicas de Lorca, dirixindo a final infantil masculina.
O boirense Carlos Pimentel, que conta co Nivel III, estivo presente na final da Liga Nacional de Vólei Praia chegando a arbitrar a final en Murcia, no Campionato de España Cadete de Dumbría e participou tamén na proba 3* do CNVP Concello de Boiro co papel protagonista na final masculina. Ademáis, viaxará esta semana esta semana ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 19 e Sub 21 en Madrid.
Iria Causín, Nivel III, cumpleu exitosamente o seu papel no Campionato de España Cadete de Dumbría pitando a final con Laura, ademáis de participar na proba de 3* do Circuito Nacional de Vóley Playa celebrada en Galicia e viaxando proximamente tamén ao CESA Sub 19 e Sub 21 que comeza esta mesma semana en Madrid.
Dende a Federación Galega de Voleibol queremos felicitar a todos os nosos/as árbitros polo gran traballo que están a realizar, en especial aos mencionados, e animar a que sigan amosando o gran estado de forma do vólei galego tamén con respecto ao estamento arbitral.