A XXXIX edición da Copa Galicia de Voleibol celebrarase o vindeiro día 17 de Setembro no Pavillón de A Xunqueira, Pontevedra.
Este ano a competición, tanto masculina como feminina, se desenvolverá ao longo dun único día, concentrando así ao mellor voleibol galego no pavillón pontevedrés para o desfrute dos afeccionados e afeccionadas que se despracen dende toda Galicia a animar aos seus clubs.
Os catro equipos clasificados para esta edición loitarán polo título ao longo do sábado, estando programadas as semifinais de forma simultánea para as 10:00 horas na categoría feminina e ás 12:00 para a masculina. A quenda de tarde estará reservada para as finais, sendo estas ás 17:00 e 19:00 horas respectivamente, terminando ca entrega de trofeos.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e o seu Servizo de Deportes, así coma ao club local o CV Pontevedra, que fixeron posible a celebración deste evento na localidade e que dará o pistoletazo de saída á temporada de voleibol pista 2022/2023.
A continuación deixamos os cruces dos encontros a desputar ao longo do día, sendo o acceso libre ao público ata completar aforo:
Semifinais femininas:
- 10:00 Arenal Emevé (Lugo) vs CDPF Calasancias (A Coruña)
- 10:00 Autos Cancela Zalaeta (A Coruña) vs Aceites Abril Voleyourense (Ourense)
Semifinais masculinas:
- 12:00 Rotogal Boiro Voleibol (Boiro) vs Club Voleibol Vigo
- 12:00 Aldebarán San Sadurniño vs. Dumbría Volei (Dumbría)