Un ano máis e grazas ao gran traballo dos clubs galegos teremos representantes no Programa de Tecnificación Nacional. Os proxectos de formación da Real Federación Española de Voleibol ,que reúnen aos xogadores e xogadoras máis talentosos do panorama nacional en Soria e Palencia, contarán con 5 xogadores do volei galego para a vindeira temporada 22/23.
Os/as galegos/as, que xa se atopan nos destinos cos seus compañeiros e compañeiras, desputarán as competicións nacionais nas categorías de Superliga Masculina e Superliga Femenina 2 cos equipos CyL Palencia e CAEP Soria no vindeiro curso deportivo.
A continuación enumeramos os xogadores/as galegos/as seleccionados/as nesta temporada 22/23, así coma os seus clubs de procedencia:
- Luis A. Cota – CD Korbis.
- Saray González – Ribeira Sacra.
- Claudia Alonso – CV Vigo
- Inés Ignacio – CV Pontevedra.
- Inés Losada – CDPF Calasancias.
A Federación Galega de Voleibol quere felicitar a todos/as os/as xogadores/as, así como aos clubs, familiares e compañeiros que co seu esforzo fixeron posible esta convocatoria, animándoos tamén a seguir traballando para seguir avanzando nas súas carreiras deportivas.