Os/as máis pequenos/as do noso deporte volven a Narón o vindeiro día 25 de febreiro para continuar ca celebración dos Campionatos Galegos das categorías máis xóvenes do noso voleibol.
Despois da proba celebrada o pasado domingo 22 de xaneiro, na que preto de 350 deportistas repartidos en máis de 60 equipos encheron dous dos pavillóns municipais, a segunda proba abre as súas inscricións para os seus participantes.
O Club Voleibol Narón-Volea e o Concello de Narón volven a ser unha parte fundamental da organización da proba, que repite os pavillóns de A Solaina e Campo da Serra como sede e que continúan esta competición indispensable para o desenrolo da canteira do volei galego.
Recordamos que, para a inscripción dos equipos, non haberá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 xogadores no caso de benxamíns e alevíns, e cun mínimo de 3 e máximo de 5 na categoría prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 a través de correo@volei.gal.
O prazo de tramitación de licenzas individuais para a proba remata o luns 20 ás 20:00, quedando o límite de inscripción de equipos para o martes 21 ás 20:00, co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.
Recordamos que nas normas técnicas aplicarase o que recolle o regulamento técnico Alevín e Benxamín da RFEVb