Ata o día 8 de agosto poderanse solicitar as correccións que se consideren oportunas ao censo electoral provisional, mediante escrito dirixido á Xunta electoral xunta.electoral@fgvb.es. Os membros que pertenzan a dous ou mais estamentos no censo provisional, deberán optar por un deles, mediante escrito dirixido á Xunta electoral xunta.electoral@fgvb.es, que deberá cursarse no mesmo período de reclamación ao censo provisional.
Toda a información sobre o proceso electoral pódese atopar na sección Proceso Electoral do apartado Federación da web volei.gal.