A Federación Galega de Voleibol quere seguir promocionando os adestradores de voleibol galegos a través da iniciativa Becas CESA Vólei Galego, ofertando para este verán de 2023 a súa edición correspondente á modalidade de vólei praia.
A través da Escola Galega de Adestradores, ofertaranse 2 becas para acompañar ás Seleccións Galegas nos próximos CESA 2023 de vólei praia que se celebrarán este verán nas seguintes datas:
- 8 ao 12 de agosto – CESA vólei praia infantil e cadete masculino e feminino.
- 15 ao 20 de agosto – CESA vólei praia Sub 19 masculino e feminino.
- 28 ao 30 de agosto – CESA vólei praia Sub 21 masculino e feminino.
Os adestradores que obtiveran o título de nivel I ou II nos últimos 5 anos poderán participar como apoio nas concentracións e xornadas de tecnificación das categorías cadete e infantil masculinas e femininas desta tempada 22/23, e tamén formar parte da expedición que acudirá ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Para enviar a candidatura os solicitantes deberán de enviar un correo electrónico a adestradores@volei.gal xunto ca copia do seu título, e deberán cumprir obrigatoriamente os seguintes requisitos, antes do día 15 de maio de 2023 as 14:00 horas:
- Ser maior de idade.
- Estar en posesión do nivel I ou nivel II de voleibol praia, obtido do 2018 en adiante (incluída a vindeira edición de maio de 2023).
- Disponibilidade para acudir ás concentracións das SSAA programadas e CESA 2023 nas datas anteriormente indicadas.
A Federación Galega de Voleibol e a Escola Galega de Adestradores faranse cargo dos custes asociados para os becados que inclúe a viaxe, manutención e aloxamento, así coma da entrega dun documento acreditativo da experiencia profesional.