Dous días de competición para os infantiles os vindeiros días 20 e 21 de maio en Oira. O vólei praia segue con forza en Ourense, ca penúltima proba deste mes de maio e dos Campionatos Galegos de Inverno de vólei praia.
Celebrándose a competición masculina o sábado e a feminina o domingo debido ao alto número de participantes previstos, quedaría pendente unha proba para o día 27 de maio para a que sería a 3ª proba cadete (tamén en dous días no caso de ser preciso).
Agradecemos unha vez máis ao Club Ourense Vólei Praia, contando de novo ca colaboración do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes, sendo así os anfitrións desta sexta proba que está a asentar a competición de praia nos meses alleos ao verán.
Recordamos que esta competición é puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego, e para rexistrar a participación deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal antes do martes 16 ás 20:00 horas, publicando os horarios provisionais miércoles 17 e os definitivos jueves 18. Recordamos que a tramitación de licenzas para esta proba será ata o luns 15.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA