A derradeira proba de ámbito autonómico da Copa Deputación de Ourense de Volei praia celebrarase o vindeiro día 25 de novembro en Oira. Esta nova proba puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego pechará o mes de novembro no recinto deportivo de Oira e continuará esta temporada deportiva 23/24.
Queremos agradecer a colaboración do Club Ourense Vólei Praia , a Deputación de Ourense, o Concello e o Consello Municipal de Deportes de Ourense, que apoiaron o comezo da temporada 23/24 de vólei praia dos nosos pequenos, podendo practicar o seu deporte favorito.
Recordamos que para rexistrar a participación nesta proba deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal, tendo o límite o martes 21 da semana da proba ás 20:00 horas e quedando o límite de tramitación de licenzas para ese mesmo luns.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA