![WhatsApp-Image-2023-12-15-at-13.48.20](https://volei.gal/wp-content/uploads/2023/12/WhatsApp-Image-2023-12-15-at-13.48.20-420x280_c.jpeg)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2023/12/WhatsApp-Image-2023-12-15-at-13.48.20-1024x537.jpeg)
O Concello de Rianxo e o Concello de Cambados presentaron conxuntamente esta mañán os partidos amigables de voleibol feminino Sub 17 entre as seleccións de Francia e España.
Ao acto de presentación, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Rianxo, asistiron D. Julio Alcalde Hermo, concelleiro de deportes e tenente alcalde do Concello de Rianxo, Dna. Noelia Gómez, concelleira de deportes e mocidade do Concello de Cambados, D. Juan Carlos Suárez, Director Técnico da Federación Galega de Voleibol e Técnico da Selección Española Sub 17 feminina e D. Alex Ordóñez representando ao CV Rianxo.
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2023/12/presentacion-1-1-1024x768.jpg)
Os encontros servirán como preparación ao vindeiro WEVZA Sub 18, e terán lugar en Rianxo o 29 de decembro de 2023 e Cambados o 30 de decembro de 2023, ambos as 18:30, e vianxando a expedición a partir do 3 de xaneiro a Bélxica para medirse aos mellores rivais europeos.
Destacar que o encontro de Rianxo contará con carácter benéfico no que, colaborando ca Cruz Vermella, cobrarase un prezo simbólico de 1 a 3 euros de entrada e se celebrarán diferentes inciativas como recollida de enseres de hixiene persoal para os colectivos máis desfavorecidos.
A Federación Galega de Voleibol quere expresar o máis sincero agradecemento aos Concellos de Rianxo e Cambados, así coma aos seus clubs locais, que amablemente colaborarán nesta iniciativa, facilitando instalacións e apoio loxístico para que a preparación das nosas Seleccións Nacionais Sub 17 de Voleibol sexa posible.
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2023/12/WhatsApp-Image-2023-12-11-at-11.17.43-724x1024.jpeg)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2023/12/Cartel-Cambados-1-724x1024.png)