O vindeiro 20 de abril, para a categoría masculina, e o 21 de abril, para a feminina, terá lugar a primeira proba do Circuito Oira Praia 2024, organizado polo Club Vóley Playa Milenio Ourense e puntuable para o Ranking Galego e Nacional.
As categorías en competición serán sénior/SUB21 feminino e sénior/SUB21 masculino e será imprescindible contar cunha licenza e seguro deportivo en vigor (data de tramitación 15/04/2024) para poder participar. A proba estará aberta a todas as parellas federadas que se inscriban e a orde de entrada regularase polos puntos acumulados no ranking nacional ata o día 15 de abril de 2024. No caso de non teren puntos, a orde de entrada determinarase pola data de inscrición* na proba, que se deberá facer cubrindo o formulario: https://forms.gle/LuFG5cgBVz8SwfUA8 , no que haberá que adxuntar o xustificante bancario e todo antes do martes 16 de abril ás 20:00 h.
Pode consultar a información completa do torneo na seguinte ligazón.