A Federación Galega de Voleibol, en colaboración ca Escola Galega de Adestradores, suma esta tempada 23/24 un novo curso de adestrador Nivel II, que se realizará en Pontevedra ( Colegio Internacional SEK-Atlántico ) ao longo do mes de xuño.
Seguindo co obxectivo de formar técnicos con futuro e progresión e facilitar o acceso á formación técnica relacionada co voleibol en Galicia, congrégase os adestradores/as de voleibol de toda Galicia nos próximos días para formarse, titularse convenientemente e participar activamente nesta formación.
En horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 o curso será presencial e contará con docentes expertos nas materias que instruirán aos adestradores/as do volei galego que desexen progresar na súa formación. Os días lectivos serán os seguintes:
- Sábado 1 de xuño.
- Domingo 2 de xuño.
- Sábado 8 de xuño.
- Domingo 9 de xuño.
- Sábado 15 de xuño.
- Domingo 16 de xuño.
O prezo do curso será de 250 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) e recordamos que será obligatorio o envío dos formularios G-13 a dtecnico@volei.gal antes do próximo 30 de maio ás 19:00 horas.
Nesta ocasión a FGVB ofrece tamén a posibilidade de reservar un menú para comer os días do curso, cun prezo de 7,80 € por persoa ao día (primeiro prato, segundo prato, pan e sobremesa). Informarase de como facer o proceso de reserva unha vez formalizada a inscrición.