O Aldebarán Intasa de San Sadurniño logrou unha das dúas prazas de ascenso para xogar de novo a Superliga Masculina de voleibol.
Os de Ferrolterra conseguiron a segunda praza nunha Fase de Ascenso á que acudiron como anfitrións e que puxo a San Sadurniño unha vez máis no centro do voleibol nacional, con afeccionados ao noso deporte que chegaron de todo o país e encheron o Pavillón Municipal durante 4 días de competición.
Tras clasificarse como segundos para as semifinais do evento, os locais conseguiron derrotar ao Téxtil Santanderina por 3-1 e así volver dous anos despois á máxima categoría masculina do noso deporte en España, onde acompañará ao Arenal Emevé.
A Federación Galega de Voleibol quere felicitar ao club tanto polos resultados deportivos como pola gran organización do evento, que demostra unha vez máis que o volei galego está a crecer en todos os ámbitos, e que fai aínda máis grande a presenza de Galicia no panorama nacional do voleibol.