Esta fin de semana do 14 e 15 de setembro aproveitouse a derradeira proba da Copa Deputación da Coruña 2024 para entregar os trofeos e medallas individuais aos mellores xogadores/as e clubs do vólei praia galego.
Aos actos, que se celebraron despois de cada xornada sábado e domingo, asistiron Dna. Elena López Seco, Concelleira delegada da Área de Axenda Urbana, Turismo, Deporte e Promoción Económica das Pontes de García Rodríguez e o Deputado provincial Don Antonio Leira Piñeiro, responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña.
Deste xeito, outorgáronse os trofeos seguindo a clasificación final de clubs de vólei praia desta temporada 23-24, quedando como se mostra a continuación:
CATEGORÍA | CLUB | PUNTOS |
SUB 19 MASCULINO | Club Ourense Vólei Praia | 5084 |
SUB19 FEMININO | Club Ourense Vólei Praia | 5488 |
CADETE MASCULINO | Club Ourense Vólei Praia | 8408 |
CADETE FEMININO | Club Ourense Vólei Praia | 4136 |
INFANTIL MASCULINO | Club Ourense Vólei Praia | 8912 |
INFANTIL FEMININO | Club Ourense Vólei Praia | 4592 |
ALEVÍN MASCULINO | Club Ourense Vólei Praia | 3312 |
ALEVÍN FEMININO | CV Ciudad de A Coruña | 3736 |
SUB 21 MASCULINO | Club Ourense Vólei Praia | 624 |
SUB 21 FEMININO | Club Ourense Vólei Praia | 725 |
Tamén os/as mellores xogadores/as clasificados de cada categoría nas 4 probas celebradas da Copa Deputación da Coruña tiveron o seu recoñecemento, podendo acceder á clasificación completa e individual da Copa Deputación a través da seguinte ligazón.
A Federación Galega de Voleibol quere aproveitar para dar as grazas ao Concello das Pontes de García Rodríguez e ao Concello de Rianxo unha vez máis, así coma á Deputación da Coruña, por participar neste intenso verán de vólei praia e facer posible que o #voleigalego e o volei praia galego segan a medrar, batindo récords de participación un ano máis.
Fotografías : @pol_widdax