
O calendario de volei praia en Ourense non se detén e o vindeiro sábado 23 de maio será a quenda para a categoría Cadete no recinto de Oira. Esta nova cita autonómica puntuable para o Ranking Galego e para os Campionatos de España 2026 promete seguir subindo o nivel competitivo sobre a area.
Desde a FGVB queremos destacar unha vez máis o apoio fundamental da Deputación Provincial de Ourense, do Concello de Ourense e do Club Ourense Vólei Praia para facer posible o desenvolvemento destas competicións de base.
Inscricións e prazos: Os clubs interesados en inscribir ás súas parellas deben enviar o modelo oficial de Excel ao correo inscripcionescovp@gmail.com.
- Data límite de inscrición: Ata o luns 18 de maio ás 23:00 horas.
- Límite para cambios de parella: Ata o xoves 21 de maio ás 15:00 horas.
Custos e forma de pago: O custo de inscrición mantense en 8 euros por xogador/a, que deberán ser transferidos á conta do Club Ourense Volei Praia: 👉 IBAN: ES45 2080 0000 70 3040 2641 15
É imprescindible indicar no concepto da transferencia: “Inscrición proba Cadete”. Recoméndase que o club realice un único pago por todos os seus participantes.
Calendario de publicacións: As listas provisionais verán a luz o mércores, mentres que o planning oficial e as listas definitivas publicaranse o xoves pola tarde. Lembrade que toda a documentación debe ser remitida sempre dende o enderezo electrónico oficial do club.
👉 Descarga do documento de inscrición na seguinte ligazón
Recordamos o calendario de probas neste comezo de 2026:
- Proba Sub21 do día 07/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba infantil do día 08/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 21/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 28/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 28/03/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 21 do día 29/03/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 11/04/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Infantil do día 25/04/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sénior do día 01-02/05/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 21 do día 09/05/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 16/05/26 – LISTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Alevín do día 17/05/26 – LISTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 23/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS
- Proba infantil do día 30/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE




