
O vólei praia dos nosos pequenos continúa en Rianxo con dúas probas seguidas a derradeira fin de semana de xullo e primeira semana de agosto.
A Praia de Tanxil volve a ser o entorno no que acollerá probas na que os nosos pequenos poderán competir na Copa Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores.
A Federación Galega de Voleibol quere dar as grazas ao Concello de Rianxo e ao CV Rianxo, pola súa axuda para que o vólei praia siga a medrar na nosa comunidade, así coma á Deputación da Coruña polo seu apoio neste proxecto.
A continuación a normativa do torneo:
DATAS E FORMATO
➢ SUB19 E INFANTIL Masculino e Feminino:
○ Sábado 26 de Xullo.
○ Formato a determinar segundo número de inscritos.
➢ CADETE E ALEVÍN Masculino e Feminino:
○ Domingo 27 de Xullo.
○ Formato a determinar segundo número de inscritos.
COTA DE INSCRIPCIÓN:
○ Alevín e Infantil: 5€ / xogador
○ Cadete e Sub19: 8€ / xogador
(Banco de Sabadell ES71 0081 0499 6400 0137 8440 )
➢ O prazo para inscribirse é ata o luns 21 de xullo as 24:00h, publicándose a lista de entrada provisional o mércores, e o xoves a ista definitiva tras atender ás reclamación. Despois, o venres, os cadros de competición.
➢ Para rexistrar a participación deberase cubrir o formulario web habilitado para este proceso, achegando o xustificante de pagamento.
OUTRAS CONSIDERACIONS:
➢ Non haberá límite de equipos inscritos para categoría.
➢ Os xogadores de calquera equipo non poderán estar inscritos en dúas categorías diferentes para o mesmo día.




