
Despois da proba cadete, chega a quenda da proba aberta autonómica Sub 21, na que poderán participar xogadores e xogadoras de toda Galicia.
Recordamos que estas competicións, que se desenvolverán ao longo do mes de novembro, contarán para o Ranking Galego e para os Campionatos de España 2026, comezando coa proba cadete o sábado 1 de novembro.
A inscrición terá un custo de 8 euros por xogador/a, que deberán aboarse mediante transferencia bancaria á conta do Club Ourense Volei Praia (IBAN: ES45 2080 0000 70 3040264115). No concepto da transferencia deberá indicarse: “Inscrición proba Sub 21” e a transferencia deberá realizala o club ao que pertenza o/a xogador/a, a poder ser nun único pago.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas autonómicas deberase realizar antes do luns as 23:00 de cada proba a través da plataforma iSquad, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
Recordamos o calendario de probas desta Copa Deputación de Ourense de Vólei Praia 2025:
- Proba cadete do día 01/11/25 – INSCRICIÓNS PECHADAS
- Proba Sub 21 do día 08/11/25 – INSCRICIÓNS ABERTAS
- Proba infantil do día 15/11/25- INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub 19 do día 22/11/25 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sénior dos días 29-30/11/25- INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE




