
O vólei praia galego arrinca 2026 cun calendario cheo de probas, comezando ca proba sub21 e infantil do vindeiro fin de semana do 7 e 8 de febreiro , no recinto deportivo de Oira Praia.
Estas probas serán puntuables tanto para o Ranking Galego como para os Campionatos de España 2026, reforzando a súa importancia dentro do calendario autonómico de vólei praia. Desde a FGVB quérese agradecer a colaboración da Deputación Provincial de Ourense, do Concello de Ourense e do Club Ourense Vólei Praia, cuxo apoio resulta fundamental para o correcto desenvolvemento desta competición.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas deberase realizar antes do luns ás 23:00 de cada proba enviando o Excel de inscripción a través de correo electrónico (inscripcionescovp@gmail.com) quedando o límite de cambio de parella ata o xoves ás 15:00 horas.
A inscrición destas primeiras probas terán un custo de 8 euros por xogador/a, que deberán aboarse mediante transferencia bancaria á conta do Club Ourense Volei Praia (IBAN: ES45 2080 0000 70 3040264115). No concepto da transferencia deberá indicarse:“Inscrición proba Sub 21” ou “Inscrición proba infantil” e a transferencia deberá realizala o club ao que pertenza o/a xogador/a, a poder ser nun único pago.
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
Descarga do documento de inscripción na seguinte ligazón. (enviar dende o correo do club)
Recordamos o calendario de probas neste comezo de 2026:
- Proba Sub21 do día 07/02/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS
- Proba infantil do día 08/02/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS
- Proba Sub 19 do día 21/02/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Cadete do día 28/02/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub 19 do día 28/03/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub 21 do día 29/03/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Cadete do día 11/04/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Infantil do día 25/04/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sénior do día 01-02/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub 21 do día 09/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub 19 do día 16/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Cadete do día 23/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Alevín do día 24/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba infantil do día 30/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE






