
A primeira proba da Copa Alevín levará aos máis pequenos e pequenas do vólei galego o vindeiro 1 de marzo ao Barco de Valdeorras, nunha xornada que promete deporte, aprendizaxe e convivencia arredor do noso deporte.
Esta proba celebrarase grazas á colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, da Deputación de Ourense e o CV San Martiño e CV Ourense, cuxo apoio resulta fundamental para seguir impulsando o vólei base e ofrecer novas oportunidades de participación ás categorías inferiores.
Para a inscrición dos equipos, que terá un límite máximo de 5 equipos por club, sempre e cando conten cun mínimo de 4 integrantes e un máximo de 10 xogadores, os clubs deberán enviar o formulario G11 a través do correo correo@volei.gal.
O prazo de tramitación de licenzas individuais para a proba remata o luns 23 ás 20:00, quedando o límite de inscrición de equipos para o martes 24 ás 20:00, co obxectivo de publicar o mércores os listados provisionais e o xoves os definitivos da proba.
Descargue o formulario G11 na seguinte ligazón.




