
A Federación Galega de Voleibol publica a listaxe de deportistas convocados e convocadas para participar nunha nova cita de preparación das Seleccións Galegas da tempada 2025-26. Nesta ocasión, a actividade intensificarase cunha concentración de dous días (4 e 5 de abril) que terá lugar nas instalacións do Colexio San Narciso (Marín).
Esta xornada é fundamental dentro do programa de preparación para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026, permitindo ao corpo técnico seguir perfilando os grupos e avaliando a evolución dos xogadores e xogadoras.
Horarios e Organización
Para facilitar a loxística, establecéronse quendas diferenciadas por categorías. Estes horarios serán aplicables para os dous días de concentración, así como para aqueles xogadores/as que, por motivos xustificados, só asistan unha das xornadas:
- Categoría Infantil (Masculina e Feminina):
- Chegada: 10:00 horas.
- Saída: 17:00 horas.
- Categoría Cadete (Masculina e Feminina):
- Chegada: 12:00 horas.
- Saída: 19:00 horas.
Material obrigatorio para os deportistas
Todos os e as atletas convocadas deberán acudir á cita provistos do seguinte material:
- Ropa deportiva suficiente para realizar varios adestramentos.
- Tarxeta sanitaria (orixinal ou fotocopia).
- Útiles de aseo persoal para a hixiene post-adestramento.
Calendario de xornadas 2025-2026
O camiño cara ao CESA segue avanzando coas seguintes datas:
- 23-11-25 – Celebrada – Pavillón da Xunqueira (Pontevedra).
- 14-12-25 – Celebrada – Pavillón da Xunqueira (Pontevedra).
- 18-01-26 – Celebrada – Pavillón da Xunqueira (Pontevedra).
- 25-01-26 – Celebrada – Pavillón Jose Manuel Abuín (Rianxo).
- 22-03-26 – Celebrada – San Sadurniño e Rianxo.
- Próxima cita – Colexio San Narciso (Marín) – (Dous días de concentración).
- 10-05-26
- 17-05-26
- 31-05-26
A FGVB quere agradecer ao Colexio San Narciso e ao Concello de Marín pola súa hospitalidade, así como ás familias e clubs polo seu esforzo continuo no impulso do #voleigalego.








