Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
Email: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE
    • CONTACTO
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
      • ESTRUCTURA ORGANIZATIVA
      • MARCO NORMATIVO
        • LEXISLACIÓN APLICABLE
        • ESTATUTO
        • REGULAMENTOS
        • NORMAS DE XOGO
      • INFORMACIÓN ECONÓMICA
        • CONTAS ANUAIS
        • PRESUPOSTO
        • CONTRATOS
        • CONVENIOS
        • SUBVENCIÓNS
        • RETRIBUCIÓNS
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • REDE #VOLEIGALEGO
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMAS DE XOGO
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • FORMULARIOS
    • PROTOCOLOS VIOLENCIA NO DEPORTE
  • TENDA
    • SELECCIÓNS
    • ÁRBITROS
  • PROCESO ELECTORAL
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Home
  • NOVAS
  • Competicións voleibol
  • A FGVB convoca un novo curso de Árbitro de Voleibol Nivel I na Coruña

A FGVB convoca un novo curso de Árbitro de Voleibol Nivel I na Coruña

A FGVB convoca un novo curso de Árbitro de Voleibol Nivel I na Coruña

by Comunicacion / jueves, 23 abril 2026 / Published in Competicións voleibol, Federación, Formación árbitros, Uncategorized

A Federación Galega de Voleibol, a través do seu Comité Técnico Galego de Árbitros, anunciou a convocatoria do Curso de Árbitro de Voleibol Nivel I. Esta iniciativa ten como obxectivo principal ampliar o estamento arbitral galego para dar resposta ás necesidades crecentes das competicións autonómicas e garantir o correcto desenvolvemento de tódolos encontros oficiais.

Formación especializada e profesorado de nivel

O curso conta cun plan de estudos integral de 20 horas, que abrangue dende o regulamento comentado e a técnica arbitral ata o uso da acta electrónica, táctica aplicada e normativa vixente. A docencia correrá a cargo de árbitros de Nivel III, profesionais cunha ampla traxectoria tanto en competicións nacionais como autonómicas.

Formato mixto: Teoría en liña e práctica presencial

Para facilitar a participación, o curso desenvolverase baixo un formato mixto:

  • Teoría: Realizarase por videoconferencia a través da plataforma Zoom.
  • Práctica: Terá lugar no Complexo Deportivo de Elviña, na Coruña.

As xornadas lectivas serán o sábado 30 de maio (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h) e o domingo 31 de maio (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h).

Requisitos e inscrición

A convocatoria está aberta a todas as persoas interesadas que sexan maiores de 16 anos (ou que os cumpran durante o presente ano 2026). Para obter a cualificación de «apto», os alumnos deberán asistir ao 100% das clases, superar as materias e realizar encontros de prácticas en competición oficial.

O custo da formación é de 75,00 €. As persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición enviando o modelo G-13 II (dispoñible na web da FGVB) xunto co xustificante de pago ao enderezo arbitros@volei.gal.

O prazo límite para enviar a documentación remata o mércores 27 de maio ás 13:00 horas.

Para máis información, os interesados poden consultar o documento de información ampliada.

  • Tweet

About Comunicacion

What you can read next

O CV Ourense organizará a Fase Final da Primeira División Nacional Feminino.
Presentación da XL Copa Galicia en Cambados
8 de decembro, primeiras xornadas de tecnificación do vólei galego na temporada 25-26.

Categories

  • Campionatos Galegos PB/BE + Copa Alevín
  • Competicións vólei praia
  • Competicións voleibol
  • Desenrolo e formación
  • Entrevistas
  • Eventos FGVb
  • Federación
  • Formación adestradores
  • Formación árbitros
  • Seleccións vólei praia
  • Seleccións voleibol
  • Supervisión e control
  • Uncategorized
  • Vólei Praia Cat. Inferiores
  • Vólei Praia Senior

© 2015. All rights reserved. Buy Kallyas Theme.

TOP
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR