
A preparación das seleccións galegas de vólei praia continúa avanzando cunha nova xornada de adestramentos programada para este domingo 31 de maio.
Nesta ocasión, toda a actividade das categorías femininas (Infantil, Cadete, Sub-19 e Sub-21) concentrarase no Complexo Deportivo de Oira (Ourense). A planificación para esta xornada establece un horario unificado, traballando sobre a area de 16:00 a 19:00 horas (3 horas de adestramento).
Como é habitual nestas sesións preparatorias, o desenvolvemento da actividade permanecerá supeditado á evolución meteorolóxica, confirmándose a súa celebración definitiva a mediados de semana.
A continuación detállase a lista de deportistas convocadas:
A continuación detállase a lista de deportistas convocadas:






