
A Praia das Delicias acollerá os vindeiros 5 e 6 de xullo a primeira proba da Circuito Provincial da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores. Unha oportunidade perfecta para que os máis novos desfruten do deporte e da competición. Ademais, a Federación Galega de Voleibol celebrará un Campus de iniciación de vólei praia do 6 ao 9 de xullo, en colaboración co Concello de Sada e o Coruña Beach Club.
Horarios e Categorías
- Sábado (5 de xullo): Categorías Alevín e Cadete.
- Domingo (6 de xullo): Categorías Infantil e Sub-19.
Información de Inscrición
- Coste de inscrición: 10 € por participante.
- Formato de competición: Determinarase segundo o número final de inscritos.
- A inscrición farase a través da plataforma web da Federación e do menú de inscrición de Praia dos Clubs.
- Conta bancaria para o pago (Banco Sabadell):
ES71 0081 0499 6400 0137 8440
Outras consideracións importantes:
- Data límite para inscribir: martes, 30 de xuño.
- Non haberá límite de equipos inscritos por categoría.
- Os xogadores de calquera equipo non poderán estar inscritos en dúas categorías diferentes para o mesmo día.
Agradecementos
A Federación Galega de Voleibol quere dar as grazas ao Concello de Sada pola súa axuda para que o vólei praia siga a medrar na nosa comunidade, así coma á Deputación da Coruña e a Veolia polo seu apoio incondicional neste proxecto.




