
A Federación Galega de Voleibol convoca a segunda Xornada de Supervisión e Control de voleibol en pista da tempada 2026/27, que continúa o programa de tecnificación e seguimento de deportistas da federación. A xornada será o martes 8 de decembro, para as categorías Infantil e Cadete, masculina e feminina.
📍 Horarios e sedes
- Infantil Feminino: de 10:00 a 12:00 h e de 15:00 a 17:00 h. Rianxo, Pavillón José Abuín.
- Cadete Feminino: de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h. Rianxo, Pavillón José Abuín.
- Infantil Masculino: de 10:00 a 12:00 h e de 15:00 a 17:00 h. Noia, Pavillón Alonso Rodríguez.
- Cadete Masculino: de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h. Noia, Pavillón Alonso Rodríguez.
👥 Prazas
Hai un máximo de 30 deportistas por categoría, asignándose as prazas por rigorosa orde de inscrición.A inscrición custa 25 € por participante incluíndo o xantar. Para formalizar a inscrición hai que dar dous pasos:
- Cubrir o formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeSeZRl0Al5mxXSDR67cDxW5fsreGYbn9FX4xIJd4m-LHumFQ/viewform?usp=dialog
- Enviar o xustificante de pago ao correo dtecnico@volei.gal.
O pagamento debe facerse na conta ES71 0081 0499 6400 0137 8440, indicando no concepto o nome do/a deportista e a categoría.
O prazo de inscrición remata o venres 4 de decembro ás 14:00 h. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo nin unha vez cubertas as prazas da categoría. Para máis información, podedes contactar coa federación no correo correo@volei.gal ou no teléfono 981 134 453.




