A Federación Galega de Voleibol, despois de realizar a visita de inspección técnica programada para supervisar as instalacións do IES Rodeira, e ante a imposibilidade de adecualas a tempo para a celebración nas datas previstas, vese na obriga de trasladar a sede de celebración da XXXVIII Copa Galicia ao Pavillón Municipal de San Sadurniño, mantendo horarios e datas.
Dende a nosa organización lamentamos todo tipo de inconvinte producido a clubs, xogadores/as e afeccionados, e recordamos que a seguridade dos nosos deportistas é o primeiro en calquera dos eventos organizados pola FGVB. Do mesmo xeito tamén queremos agradecer aos clubs participantes a súa compresión e apoio ante esta situación, así coma os diversos ofrecementos para albergar este campionato.