Narón repite como sede dos Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín despois do éxito da primeira proba o pasado sábado 22 de xaneiro. A segunda das probas desta competición terá lugar o vindeiro sábado 19 de febreiro nos pavillóns de A Solaina e Campo da Serra, grazas á nova colaboración do Club Narón-Volea Voleibol e o Concello de Narón.
Esta competición tan especial para os pequenos, que nun principio tiña previsto desenvolverse nas catro provincias galegas, ten fixadas como vindeiras datas e localizacións oficiais as seguintes:
- 02/04/2022- Ourense.
- 23/04/2022- Pontevedra.
Recordamos que para a inscripción dos equipos, que non terá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 na categoría Alevín e de 3 ata 5 xogadores/as na Benxamín e Prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 antes do próximo martes 15 ás 20:00 horas a correo@volei.gal , co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.
DOCUMENTACIÓN PARA A PROBA