O voleibol galego, xunto co resto da sociedade galega, quere mandar toda a súa forza e apoio aos familiares e amigos dos falecidos na traxedia ocurrida en Terranova polo pesqueiro galego ‘Villa de Pitanxo’.
En mostra de loito e uníndonos as familias e amigos das víctimas do accidente, esta fin de semana gardarase un minuto de silencio en todas as competición de voleibol e volei praia que se celebren.
Desde a FGVb reiteramos as nosas condolencias e transmitimos o noso máis sentido pésame para as familias das víctimas de este terrrible accidente nestes durísimos momentos.