Os Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín chegan a Ourense despois das dúas primeiras probas realizadas en Narón. O sábado día 2 de abril, no Polideportivo O Pompeo e o Anexo do Pavillón dos Remedios, a terceira das probas terá lugar grazas á colaboración co Club Voleibol Ourense.
Esta competición tan especial para os/as pequenos/as é a penúltima no calendario da Federación Galega de Voleibol, antes de pechar o vindeiro 23/04/2022 en Pontevedra ca cuarta proba.
Recordamos que para a inscripción dos equipos, que non terá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 na categoría Alevín e de 3 ata 5 xogadores/as na Benxamín e Prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 antes do próximo martes 29 ás 20:00 horas a correo@volei.gal , co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas. Recordamos tamén aos clubs que a data límite para a tramitación de licenzas será as 09:00 da mañanán do luns 28 deste mismo mes.