Este sábado 30 nas instalacións de A Xunqueira e o Pavillón Multiusos de Pontevedra os Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín chegan ao seu fin ca desputa da derradeira proba desta tempada 21/22.
Nunha xornada que comezará as 09:30 da mañan e ten prevista o seu remate preto das 8, os máis pequenos do noso voleibol batirán o récord de participación esta tempada nunha proba destas características, chegando aos 350 deportistas xuntando as categorías masculinas e femininas.
Deste xeito, os equipos e participantes para o sábado quedarían repartidos da seguinte forma:
CATEGORÍA | EQUIPOS | PARTICIPANTES |
ALEVÍN FEMININO | 22 | 133 |
ALEVÍN MASCULINO | 14 | 81 |
BENXAMÍN FEMININO | 25 | 104 |
BENXAMÍN MASCULINO | 3 | 15 |
PREBENXAMÍN | 5 | 19 |
TOTAL | 69 | 352 |
Despois das dúas probas nas que colaboraron o CV Narón e o CV Ourense e CV San Martiño, o CV Pontevedra será o anfitrión que poña o broche á competición oficial na que se inician os xogadores e xogadoras do voleibol galego e no que a Federación Galega de Voleibol quere agradecer a colaboración do Concello de Pontevedra.