Despois da gran acollida das Becas CESA Volei Galego para as Seleccións Galegas de pista, a Federación Galega de Voleibol quere seguir promocionando os adestradores de voleibol galego co lanzamento da mesma iniciativa para a modalidade de praia.
Do mesmo xeito, a través da Escola Galega de Adestradores ofrecerá 4 becas para acompañar as Seleccións Galegas nos vindeiros CESA 2022 de praia que se celebrarán do 16 ao 20 de agosto (categorías infantil e cadete), do 23 ao 25 (Sub 19 ) e do 26 ao 28 de agosto (Sub 21).
Os adestradores e adestradoras que nos últimos 5 anos obtiveran o título nivel I ou II poderán participar como apoio nas concentracións cadete e infantil masculinas e femininas desta tempada 21/22, formando parte tamén na expedición que acudirá ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Para enviar a candidatura os solicitantes deberán de enviar un correo electrónico a adestradores@volei.gal xunto ca copia do seu título, e deberán cumprir obrigatoriamente os seguintes requisitos:
- Ser maior de idade.
- Estar en posesión do nivel I ou nivel II de voleibol praia, obtido do 2017 en adiante (incluída a vindeira edición de xuño de 2022).
- Disponibilidade para acudir ás concentracións das SSAA programadas e CESA 2022 nas datas anteriormente indicadas.
A Federación Galega de Voleibol e a Escola Galega de Adestradores faranse cargo dos custes asociados para os becados que inclúe a viaxe, manutención e aloxamento, así coma da entrega dun documento acreditativo da experiencia profesional.