Continuando a exitosa iniciativa na que 6 adestradores e adestradoras do Volei Galego acompañaron ás Seleccións Galegas de Voleibol nos CESA de pista e praia esta pasada edición, a FGVB convocou a unha nova edición das Becas Cesa Volei Galego este mes de novembro para a tempada 22/23.
Trala recepción dun gran número de candidaturas, o Departamento de Dirección Técnica avaliou aos solicitantes en base a un baremo de criterios obxectivos, resultando elixidas as catro candidaturas con maior puntuación, que foron os seguintes técnicos/as, cos que se poñerá en contacto a Escola Galega de Adestradores nos vindeiros días:
– LIDIA GUDGE 47 puntos
– PINO CHAO 44 puntos
– NATALIA MARÍN ANTONIO 40 puntos
– ALEJANDRO IGLESIAS 40 puntos
Suplente:
– MARCO SENRA 38 puntos
A Federación Galega de Voleibol quere felicitar aos aspirantes que acadaron a posición, que terán a súa primeira proba nas vindeiras Xornadas de Tecnificación do mes de decembro.