Os xogadores e xogadoras seleccionados/as das categorías infantil e cadete terán unha concentración no Concello de A Estrada os días 20 e 21 de febreiro, que inician a preparación para os CESA 2023.
Durante eses días, adestrarán baixo as ordes dos seleccionadores no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro, sendo esta a primeira concentración das Seleccións Galegas nesta temporada. A formación dividirase, con algúns xogadores adestrando por un ou dous días, segundo a convocatoria sendo o aloxamento dos xogadores/as na Academia Galega de Seguridade, grazas unha vez máis á colaboración do Concello de A Estrada.
A concentración infantil chegará o luns 20 de febreiro ás 10:00 horas, e rematará o martes 21 ás 17:00 horas. Pola súa banda, a concentración cadete chegará o luns ás 12:00 horas e sairá o martes ás 19:00 horas.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para catro adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal para todos os días.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta primeira concentración