Os nosos pequenos e pequenas do vólei praia teñen unha nova cita os vindeiros días 5 e 6 de Rianxo na praia de Tanxil, grazas á colaboración do Club Voleibol Rianxo, formalizando a segunda proba da Copa da Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores despois da proba celebrada en Cedeira que terá lugar esta fin de semana.
Destacamos e agradecemos a colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo, sen os cales este evento non sería posible. A súa entrega e apoio incondicional ao deporte local xogan un papel esencial na promoción do vólei praia en Galicia, que buscan fomentar o interese polo ocio activo entre os máis novos.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 2 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A Lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.