Hoxe tivo lugar a presentación da concentración das Seleccións Españolas Sub 17 no Concello de A Estrada, na que participaron D. José López Campos, alcalde do Concello da Estrada e D. Juan Carlos Suárez Castelo, Director Técnico da Federación Galega de Voleibol e técnico da Selección Española Sub 17 feminina.
As Seleccións Españolas masculina e feminina Sub 17 de Voleibol están listas para embarcarse nunha intensa fase de preparación que incluirá enfrontamentos internacionais nunha concentración en Galicia, con sede en A Estrada e con encontros tamén en Rianxo e Cambados.
A selección masculina Sub 17 reunirase do 17 ao 23 de decembro para un período de concentración en A Estrada. A competencia intensificarase aínda máis coa chegada de Portugal o 19 de decembro, con tres partidos programados:
- Miércoles 20/12/23 – 18:00
- Xoves 21/12/23 -18:00
- Venres 22/12/23 – 10:30
Mentres tanto, a selección feminina Sub 17 reunirase do 23 de decembro ao 2 de xaneiro, cun emocionante enfrontamento contra Francia o xoves 28 de decembro ás 18:00. Ademais, os días 29 e 30 de decembro, celebraranse partidos en Rianxo e Cambados respectivamente. Destacar que, durante este período, o xogadores e xogadoras gozarán de todas as comodidades e servizos da Academia Galega de Seguridade, incluíndo alimentación e aloxamento.
Este programa internacional promete ser un punto culminante para as seleccións Sub 17 de Voleibol de España, brindándolles a oportunidade de medirse contra oponentes de alto nivel e perfeccionar as súas habilidades antes de enfrontar os desafíos futuros na escena internacional, coma os torneos WEVZA Sub 18 que se aveciñan. A partir do 3 de xaneiro, os equipos españois enfrontaránse a rivais de alto nivel europeo, coa selección masculina viaxando a Alemaña e a selección feminina a Bélxica.
Informar ao público que a entrada para todos os partidos programados será libre e gratuita, salvo o encontro do día 29 en Rianxo, que terá unha entrada simbólica de 1 a 3 € con carácter benéfico. Con esta decisión, quérese fomentar a participación e o apoio da comunidade local, permitindo que os amantes do voleibol gocen destes emocionantes encontros de balde, nunha mostra do talento emerxente das nosas Seleccións Sub 17 nacionais de Voleibol, que contarán con galegos/as nas súas convocatorias.
A Federación Galega de Voleibol quere expresar o máis sincero agradecemento aos distintos concellos que amablemente colaboraron nesta iniciativa, facilitando instalacións e apoio logístico para que a preparación das nosas Seleccións Nacionais Sub 17 de Voleibol sexa posible. Agradecemos a súa dedicación e compromiso co deporte e co desenvolvemento dos nosos xóvenes talentos a nivel autonómico e nacional.