Con sede en Cambados (categoría femenina) e Marín (categoría masculina) os xogadores e xogadoras infantil e cadete poderán aproveitar todo un día de ensinanzas por parte dos técnicos/as das Seleccións Galegas o vindeiro 4 de xaneiro.
Os días, horarios e lugares de concentración son os seguintes:
CATEGORÍA MASCULINA
4 de xaneiro – Marín (Colexio San Narciso) – categoría infantil e cadete, prezo 20 € (SI inclúe comida/ NON inclúe camiseta):
- Infantil: 10:00-12:00/15:00-17:00.
- Cadete: 12:00-14:00/17:00-19:00.
CATEGORÍA FEMININA
4 de xaneiro – Cambados (IES Ramón Cabanillas) – categoría infantil e cadete, prezo 20 € (SI inclúe comida/ NON inclúe camiseta)
- Infantil: 10:00-12:00/15:00-17:00.
- Cadete: 12:00-14:00/17:00-19:00.
Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 20 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a dtecnico@volei.gal antes do día xoves 2 de xaneiro ás 12:00 horas, recordando que a comida está incluída ca inscripción.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Supervisión e Control